
(Escoitando Ataque Escampe: http://grooveshark.com/#/search?q=ataque+escampe )
[Doe e hai que andar a fuchicar nel. Meter a man na gorxa e arrancar os anacos do peito, mandalos fora para poñelos ao aire, que sequen ao sol.]
E a voz de muller que me di que non tome café.
O problema do país ten ollos e ten narís e ten lingua.
o pobre paisiño non ve, non ule... o paisiño non fala.
O galo de madeira come carne
e os porcos e as vacas espertan as seis da tarde
Ata que escampe non vou entrar na casa
Eufemia ten as fillas lendo na cociña
Teresa ainda conserva os ganchillos
a fogueira levoulle os desexos ao aire
das cartas que non che escribín.
Festas de olas que levan aos surfistas
vellas que deixan cacahuetes aos esquíos
amigas que se tocan os peitos á luz do día
Medo as letras das palabras P-O-L-I-T-I-C-A
V-I-Ñ-O, C-I-S-T-I-T-E,
T-U-B-E-R-C-U-L-O, C-O-C-H-E,
P-O-S-I-T-I-V-O, E-S-C-O-L-A.
Por que hai tantos medos coma paraugas.
Hai quen vai e non volve
quen nunca vai de todo
quen volve a medias.
O neno do bandullo inchado,
o home das lentes partidas,
a conductora de autobús con trenzas.
A cabeza de Anabel que non para,
pola súa culpa, porque el fálalle de Su
e Su suponse que xogaba ao brilé
e nunca se mancaba.
A bichería que non ten plan
e corre dun lado para outro
bailando "baby don't leave me"
Falemos de sexo, matrimonio,
amor, rebeldía
non falemos de nada e fagamos.
Mil homes corren polo campo
coma soldadiños do espacio
coa pelota que non bota nin rola.
E a banda, que é o mellor,
toca e ninguén move a cabeza
toca soa mentras elas moven os pompóns.
O sono que ven co jazz
os ollos inchados do avión
das rastas que son lianas do intenso.
a sombra que toca o banjo
os meus soños baten palmas
unha branca espiritual
Carme dentro do cemento
Agardando polo tempo das chaquetas de pana