quarta-feira, 21 de maio de 2008

Dende o comezo só se ve de todo

É certo... dende o comezo unha non se imaxina nada que non poida existir a partir de agora, todo pode ter lugar...

polo de pronto, estas serán táboas do meu teito, cada día que me apeteza, describirei os debuxos que vexo nas madeiras.

sen máis.

vexo chuvia, é maio, e vexo a noite longa, son universitaria, teño que entregar un traballo, facer unha presentación e tamén quero ir a un concerto e coñecer xente nova... quero facelo todo, asique iso...

2 comentários:

Anônimo disse...

dende o comezo, sempre existiches ti, e mailo brillo incansáble da area que levas nos ollos.
dende o comezo eras ti, ainda que non te coñecera, ainda que te coñezo, ou non.
(a quen lle importa)
dende o comezo, imaxineite escribindo e así o quisen unha e mil veces, ainda te lembro Ultreia, dende o comezo, e aquela guitarra rara pequena e redonda que soaba a ti e sempre seguirá o teu ritmo,
es música, tarabela da boa…
e soarás, e os teus pasos marcáronse no meu ventre, e formas todas as constelacións do espazo se fai falla e chegas a casa, ou sen casa, chegas, e volves sorriso todos os enfados do mundo, e fas a sopa mais rica para cando unha é virulenta, e quero chorar e te teño, e quero rir, e afogas conmigo e fas competicións de cervexas co rial mentres cantas cancións e eu quero mais, e mais, e non teño tope…
mirei mimos e caricias de boas noites escritos nas tuas paredes coma de tatuaxes exipcias que percorren mausoleos, e sentín, e quixen, e foi, e doado e duro e….
dende o principio e principalmente ... dende ti!
ata o final...sempre nós.

motu disse...

Que bonita é a palabra "comezo"...

leereite cada dia...

ti escribe!

mua