sábado, 21 de junho de 2008

trota caballito, trota

Nada é mais lindo que sentir bolboretas, que enfuciñarse nun pastel de crema de morango, afogar no azucre ata volverse diabética.


Que o teu ventre sexa a caixa de probas do centro nuclear, o éxtase e o boom, descargas e estoupidos de milleiros de sensacións por nanosegundo, protónica variedade de electroamor.


mira, sempre quixen dicir iso... "forasteiro, eso que noto nos teus pantalóns... é o teu revolver ou é que te alegras de verme?"
mmm ás mil maravillas

abro as ás e voo, corteille as unllas ás mans das pantasmas, agora as xemas de células mortas esvaran pola miña pel, máis viva e rechamante ca nunca.


no fondo, fondo, sempre quixen ser conductora do autobús máxico, e tocadora profesional do holófono, e comerme a lúa mollada nun vaso de leite, e falar contigo , meu amigo paxaro. No fondo era o que máis queria, e hoxe, cando peche os ollos, vou poñer esta ferralla a trescentos quilómetros por hora, e desfaremos a lúa na lingua, e ti estarasme cantando ao oido, algunha desas que ti sabes, desas que falan de reaccións químicas moi propias dos humanos.


e pegarei na parede as túas penas, paxariño, co blue-tack das pezuñas dos cabalos, para que cando saias desta casa, as esquezas, e voes mais lixeiro ca nunca.





--

Posted by Picasa

3 comentários:

Anônimo disse...

es mi revolver, que se alegra de verte.

Tarabela disse...

gary cooper, iso queda entre ti mais eu, mais alá das portas do saloom...
árdelle o eixo contigo, gary
botamos unha aos dardos gary?

Anônimo disse...

que lindo bloc, rula, encántame ás fotos...
eu tampoco atopo nada do 1270...gramaticos das narices!!
vemónos no exmane!
Biquiños