quarta-feira, 11 de junho de 2008
sae o sol e derretense os miolos e por moito que se come, nada parece encher o espacio que se reserva para o algo
asi estamos, cos miolos na grella... alucinadas, non damos creto aos cambios de estación que veñen de improviso, pero coma sempre, afacémonos sen rosmar (falso, aqui rósmase por todo!)
pero o que dicía no título... a raia equivale ao baleiro, é extraño... eu quería dúas raias... non sei porque... será o reloxo biolóxico, será quizais o gusto polo descoñecído... vaite ti saber que será, será o verán!!
mira, nunca pensei en que carolina fose nome sonoro, ela era unha rapaza desas pijas, era simpática porque tiña moitos xoguetes, e porque non tiña contra quen chocar no triciclo, nin tiña quen a empurrase na arrandeeira, asique acudía a min... e eu deixabame facer encantada. Pouco lembro eu daquel tempo, de ter ido a durmir incluso, á casa do chapista, tiña unha filla que me quería moito, cando foi estudar a santiago, facer carreira, trouxérame un detallazo que me deixara flipada... un cepillo de dentes, dos da farmacia. Dera no allo, non había nada que me fixese máis falta. Levaba dous días na súa casa, súa nai botábame un garbanzo de pasta de dentes sobre a xema do índice da man dereita, e eu refregaba os dentes co dedo, a min quedábame a boca fresca, e nunca tal fixera asique estaba encantada coa novidade, pero agradecín moito o detalle da Margarita. Ademais, ter o cepillo de dentes nunha casa, xa daquela, implicaba un grao de confianza importante.
Este ano na miña casa fóronse acumulándo cepillos de dentes... agora coa mudanza non sei que farei con eles... é unha carallada... porque é algo que non se pode aproveitar... poder pódese, para limpar as raias entre os azulexos, ou as xuntas das ventás... pero non creo que o faga... e non me apetece facelo con eses cepillos case novos, con cuspes que tampouco me interesa conservar, non creo que vaia ser unha inversión de futuro gardalos... quizais si... non sei...ai, todo me da preguiza!!
E hoxe a ver se estudo de madrugada, está a noite moi apetecible, dan ganas de bebela, coma se fose unha cervexa, de bailala, un swim.... mmmm saimos hoxe???
jajajaj, veña, que teño que estudar.
Assinar:
Postar comentários (Atom)

Um comentário:
jajajja... que xenial maneira de clavar bandeira nun planeta, deixando cepillo de dentes. Eu nunca o saco da casa... da guarida, eu so teño unha madriguera... eu conto os segundo nos que me apartan do meu cepillo, do meu pijama, do meu silencio.
Rara vez saqueino da casa... son demasiado repipi como para consentir que as cerdas rocen co mundo exterior tan contaminado de cousas que non caguei, suei, respirei eu.
Con esa colección de cepillos que te gastas imaxinei unha novela de terror dramático que poderíáse chamar "A-Mantis Relixiosa"... Unha psicópata asesina que coleccionaba os cepillos dos seus amantes que asesinaba e enterraba nun alboio. Todo se desenreda cando coñece a Mike, un estudiante de psicoloxía criminolóxica que oposita para o FBI que é moi repipi e que ten por costume non sacar nunca nunca nunca o cepillo da súa casa... feito que, sen sabelo, salvaralle a vida.
una jodida mezcla entre Instinto Básico e El silencio de los Corderos.
jajajajajaja...
bicos....
Preciosa na foto.
Postar um comentário