terça-feira, 17 de junho de 2008

yo soy esa, e aquella, e aquella outra tamén


Eu son ela, que ven camiñando cara min, dicíndome "nena, tente conta de c'ajora fai sol, peru ijual cajora quenta, nun anaco chove c'arrolla" e eu terei que dicirlle "tamén é verdá"a cousa éche así, un pouco fai sol, outro pouco chove, un pouco chaqueta outro pouco teta, éche así...

Este finde, Miss Carmedalongha repetiume así coma unhas sincosentassenmil veses que me tiña que jardar ben na cabesa "non sirvas a quen sirveu, nin pidas a quen pideu", que disque a vida che da moitas voltas de nuestro señor, que á xente justalle rirse dos que non teñen, dos probes, dos que tan sin pan, a xente é mala... e que a vida da moitas voltas e todo o pon no seu sitiu, e que quen se ri ajora con malisia, a vida halle dar ben polo cú, senon que miren pa Elena da Estraperla, que ía a escola toda piollosa, coa roupa porca, que lle levantabas o pelo e por detrás das orellas tiña niños de lendias. E todas as nenas pejaban nela, e ela choraba e as veces ata se venjaba. Porque elas, Carme mais Elena, eran "bajitas", non "bajitas" de tamaño, "bajitas" de que non tiñan, que eran menos.

E aos 14 anos marchou pa Buenos Aires, e fai unha semana volveu o sitio onde nasera, e disque se lle viñan as lájrimas ós ollos, que disque s'acorda moito de cando lle pejaban, e ajora ela viste ben, ten con que, ajora ela dalles polo cú a todas as outras. Por eso che dijo "non pidas a quen pideu, nin sirvas a quen sirveu"


EIMEN CARME, EIMEN
Posted by Picasa

4 comentários:

Tarabela disse...

aiii
que a foto non é de interné!!
saqueina esta mañá, sisi, aqui en santiajo, que esta é unha cidade cool!

Yova Turnes disse...

joer sabeliña, só ti poderías tirar unha foto así, protagonizada por "A Vella Cool" xDD

Anônimo disse...

pois boa foto, si señora

e bo texto coma sempre...
dime, contarame contos na distancia?

Anônimo disse...

o texto que mais me molou ata agora.... moi bo! :)

bicos