terça-feira, 19 de agosto de 2008

a fadista cega

Non é máis ca un pano preto que me tapa a vista e seino señora, seino, mais non podo arrincarmo dos ollos, non podo señora.
Oxalá soubera eu como mirar o fronte sen me sair as bágoas coma ríos que me tupen a gorxa, que me deixan sen aire, señora.
Dígalle ao seu fillo, señora, que teño o corazón limpo e brilante,
ábrame o peito señora, véxao como escintila, ábrame o peito, señora, que eu tamén quero velo, miña dona, miña señora.
Dígalle á súa nai, señora, que foi un rato quen me roeu os petos señora, que debín telos cosido, pero non tiña fio, déame fío de seda miña ama, por caridade.
Ando perdida, e xa bo é que ando miña señora, pero xa non vexo norte na negrura, ai señora!válame señora, que non vexo norte na negrura.
Dígalle ao seu curmá, que me leve a cruzala raia miña señora, dígalle que aqui xa non me queda nada, dígalle que me leve, por caridade miña señora, teña vontade.
Déixome ir señora, polas costuras fuxen os folgos miña ama, déixome levar polo ferro que lle busco mellor vida miña señora.
Posted by Picasa

Um comentário:

Anônimo disse...

linda, acábome de quedar coas fotiños que tes abaixo de todo... tes que subilas muller!, que alí durmen sen atención e sen que ninguén as mire. e son ben bunitas :)

ánimo e bicos.