domingo, 24 de agosto de 2008
a rapaza que naceu cun ollo metido no dedo
Había unha muller, que foi parir ao Clínico de Santiago, o embarazo fora normal, apenas molestias e tal. Pero xa nas ecografías... "señora, que o feto estalle moi revirado... pero ten todo ben, os órghanos ben desarrollados.. ao mellor é que así se atopa máis cómoda a criatura".
Desto que unha vez fóra, viron que a criatura seguía encollida, porque nacera cun dedo dentro do ollo, ou o ollo metido no dedo, que po caso... a nena facía vida visual polo ollo esquerdo, porque no dereito sempre vía aí unha negrura que non lle deixaba ver o mundo con claridade.
A probe da rapaza de tanto forzar o ollo esquerdo rematou tendo un desprendemento de retina, polo que só podía ver mais ou menos polo ollo que tiña o dedo dentro. E nada, foise acostumando ben como puido a ver as cousas tal e como lle deixaba o dedo, a moza xa non podía pedir máis... E acabou por meterse nas listas de non sei que, afiliarse a non sei canto, por opinar así e andando, e sen querer tiña tantos cartos nos petos que os problemas de espalda que tiña de andar torta por levar sempre o ollo metido no dedo se lle acrecentaron co peso das moedas. E dixo "xa de paso que baleiro os petos de tanta riqueza, opérome aqui o que se dí o desprendemento do esquerdo, pághome un fisio pa que me solucione o do lombo, e a ver se nunha clínica desas de Estados Unidos me miran de arreghlar o do ollo no dedo..."
E meu dito meu feito, a rapaza, xa feita unha señorita, volveu da clínica americana, completamente erguida e coa mirada doble e limpa.
E para estrear os dous ollos comezou a mirar aos lados, e colleu un xornal, e prendeu a tele, e mirouse ao espello, e volviu mirar para a tele, e mirou para o xornal, apaghou a radio, e a probe da rapaza entrou en tal conflicto que colleu unha man, fixo os cornos (en plan heavy!) e chantouse un dedo en cada ollo.
e aghora vai por aí berrando "que maravilla chico!Onde vai parar!!"
Assinar:
Postar comentários (Atom)


3 comentários:
Pois si, porque total pó que hai que ver, é mellor así, pero aínda lle queda un libre......que é por onde sale todo o que se ve polos da cara....
Asi quedo eu cada vez que penso e que considero. Cada vez que collo un diario ou mira a puta televisión. Cos brazos caidos sen esa dulce sensacion de "si, podemos cambiar as cousas" ou o que é máis incrible... "si, somos importantes en todo este tinglado"... joder, é tan doloroso velo e tan doloros facer o que me entran ganiñas de facer que prefiro nin mirar nin sentir e seguir pagando a autorenovación da tarxeta visa que me deran gratis e non sei a quen lle protestar.
E seguiremos votando, rezando, censurandonos e facéndonos dano... dia tras dia... separaremos o tempo en trozos e gobernaremos dun modo suicida a nosa existencia. Seremos rojos, azuis, skin heads... jipis, poetisos ou do betis balompié... seremos un mosaico de etiquetas... unha coartación inoperable... unha lástima en resumidas contas...
e seguiremos tendo medo a querer demasiado a esa sombra enorme que nos persigue.
merda, merda joder... merda.
a ver taraviella, non creamos últimamente ou???....jejeje bicos!!!
Postar um comentário