quarta-feira, 28 de maio de 2008

bandullo cheo


merda... comeza esta choiva a ser tortura chinesa, comeza a devorarme os miolos, os senso... comezo a flaquexar... e sinto o retroceso

lembro en Lisboa as rapazas que regalaban apertas... quixera unha... fai días que non me dan unha aperta, e prometo que me ducho...

a humidade pódeme, enchóupame as carnes, o sentido, engulo para pensar ainda menos e todo me leva a afundirme da mesma terra que pensei que de seca xa non absorvía nada.

enganada, claro... inxenua, sobre todo, coma sempre...

domingo, 25 de maio de 2008

Antes. Más veces. Con más gente. Vale. Pero parece que hablamos de lo de siempre.


Domingo pola mañá, a cociña de leña encendida, e vense ao lonxe a poeira de todos @s amig@s e familiares que abarrotarán a cociña neste día da patrona da parroquia. Rica comida caseira, dí ti que non!

Antes. Más veces. Con más gente. Vale. Pero parece que hablamos de lo de siempre.

Acabo de ler esta noticia no xornal, Sexo na ESO, @s adolescentes galegos digo eu que terán unha realidade semellante aos de Madrid, que coma sempre, son a fonte das enquisas.

Creo que eu ainda non teño suficiente distanciamento desa época, fai seis anos eu estaba no allo, eu fun "precoz", ao igual que as miñas compañeiras e que as rapazas da noticia, e a min non se me falou do tema na casa, ao igual que ao resto...

Non son nai pero pregúntome se realmente é tan complicado darlle unha educación completa e limpa de tabús que xa cheiran a rancio á rapazada de hoxe.

Sei que os pais e as nais hoxe non teñen o mesmo tempo para adicarlle á conversa, e que @s pode o stress, os agobios, as preocupacións polas letras, hipotecas, a mala alimentación xeneralizada... iso teñoo en mente, pero pregúntome se acaso unha vez que temos un cativo, unha cativa, baixo a nosa responsabilidade,co tema de cambiarlle os cueiros, de buscarlle unha guardería, de que non me rompa a cabeza... esquécesenos que será unha persoa adulta, que influirá na sociedade, en maior ou menor medida.

Esa pequena persoa é un individuo dentro do todo social, influirá nas persoas que a rodeen, será creadora de realidades, de liberdades... iso tennos que importar, non? o feito de que eu como nai non estou criando unha mascota, crio unha persoa, edúcoa, de min depende os valores que adquira, a conciencia crítica... da miña permisividade, dos límites que eu lle poña. Eu son, ou debería ser, a máxima representante da formación social e cultural.

E xa me despisto, quería falar de sexo, coma na reportaxe, buscarlle unha explicación a esa vendaxe voluntaria que teñen as nais e pais nos ollos ante o tema do sexo, das drogas... do de sempre, bah, pero tamen da falta de respeto por todo, polo planeta, pol@s compañeir@s... semellan fillos da ostentación nun país onde só existen eles e elas mesm@s.

As xeracións que son pais neste momento non teñen a excusa da represión extremada por parte da dictadura, son proxenitores que rondan os trinta e poucos anos, e seguen comentendo os mesmos erros que os avós da rapazada, os erros que seguramente se prometeran non cometer...

Teño que ir axudar na cociña, pero sinceramente cho digo... non entendo nada... eu dende a miña ignorancia e experiencia nula como proxenitora, tampouco vexo tan complicado facer un traballo maís decente que o que se ve por aí, que como din... "clama al cielo!".



Feliz tarde de domingo.

sábado, 24 de maio de 2008

éntrame o frio polas costas

aii que mal!!
éntrame o frio polas costas, quero esquecerme de que non teño costas, se non teño costas non terei frio... se non teño nen costas nen frio... terei enorme buraco entre as cadeiras e o peito, pola parte de atrás... ti xa me entendes... a barriga quedaría no seu sitio, é como se me recortasen cunha tesoira a zona dos cadrís, quizais colla tamén os ovarios, que están cara atrás...

aii, que mal!!
as veces quixera ser señora potato, quitarme anacos do meu corpo, as veces hai partes que estorban... eu estou moi agradecida e seime afortunada de ter todo no seu sitio... pero iso non me quita de pensar que as veces quixera deixar enriba da mesiña de noite ese brazo que é incómodo cando durmes de lado, ou meter no bolso ese narís mortiño de frío todo colorado, ou as mans cando van sen lubas e se poñen violetas.

aii, que mal!!
o frio segue nas costas, tomareimo con tranquilidade, as veces estas cousas pasan... hai anos no que o verán se fai de rogar, hai que ter paciencia.

mira, hoxe lendo la Regenta Álvaro Mesía pensaba:

(fala o narrador) "En aquellos momentos se creía enamorado de veras, y se creía y se sentía de veras interesante. Aunque él era sensualista, ¡que diablo!, la sensualidad, pensaba, también tiene su romanticismo. El clair de lune es clair de lune aunque la Luna sea un cacho de hierro viejo, una herradura de algún caballo del sol.
Y pasaban por su memoria y por su imaginación recuerdos de muchas noches de amor, no todas claras ni todas poéticas, pero muchas, muchas noches de amor."

quinta-feira, 22 de maio de 2008

o gris

segundo día...

espertei ás tres horas, na cabeza o traballo... sobre todo as ganas de non ter que facer nada... ansias de sol e lectura, ensaladas e xelados.

pero este norte misterioso... que chora e chora, ou méxase e méxase... e non me deixa andar en bici, non me deixa poñer as alpargatas novas nin me deixa morenarme...

non vou poñerme a chorar por isto... sen choiva non habería estes montes...nin Tambre, nin chavielos, nin troitas nin muiños, nin noites nas lareiras

vou cambiar a música...
<1-02>

agora xa podo voar... non me digas que non podes voar??

eu abro a ventá, poño os pés no dintel da ventá, a man no marco, e deixome caer, e caio fiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu
e quedo pendurada no aire, co peito paralelo ao chan, a rás das galiñas do caseiro, nado entre elas, esquívoas, elas fan por apartarse pero pódelles a preguiza e quedan mirando e seguen buscando algo que peteirar

e sigo recto... cos brazos abertos e subooooooooooooooo e vou por riba dos valados, e rózanme os xeonllos as follas máis altas das camelias e fágome puntiño branco que desaparece.....................................................................................................................................................................................................................................................................................................*

quarta-feira, 21 de maio de 2008

Dende o comezo só se ve de todo

É certo... dende o comezo unha non se imaxina nada que non poida existir a partir de agora, todo pode ter lugar...

polo de pronto, estas serán táboas do meu teito, cada día que me apeteza, describirei os debuxos que vexo nas madeiras.

sen máis.

vexo chuvia, é maio, e vexo a noite longa, son universitaria, teño que entregar un traballo, facer unha presentación e tamén quero ir a un concerto e coñecer xente nova... quero facelo todo, asique iso...