sexta-feira, 27 de junho de 2008

pus na gorxa





sen máis, amigas e amigos do continente, unha que se vai embora.

os ama




bin




....................





viva Pt!!















--
Posted by Picasa

sábado, 21 de junho de 2008

trota caballito, trota

Nada é mais lindo que sentir bolboretas, que enfuciñarse nun pastel de crema de morango, afogar no azucre ata volverse diabética.


Que o teu ventre sexa a caixa de probas do centro nuclear, o éxtase e o boom, descargas e estoupidos de milleiros de sensacións por nanosegundo, protónica variedade de electroamor.


mira, sempre quixen dicir iso... "forasteiro, eso que noto nos teus pantalóns... é o teu revolver ou é que te alegras de verme?"
mmm ás mil maravillas

abro as ás e voo, corteille as unllas ás mans das pantasmas, agora as xemas de células mortas esvaran pola miña pel, máis viva e rechamante ca nunca.


no fondo, fondo, sempre quixen ser conductora do autobús máxico, e tocadora profesional do holófono, e comerme a lúa mollada nun vaso de leite, e falar contigo , meu amigo paxaro. No fondo era o que máis queria, e hoxe, cando peche os ollos, vou poñer esta ferralla a trescentos quilómetros por hora, e desfaremos a lúa na lingua, e ti estarasme cantando ao oido, algunha desas que ti sabes, desas que falan de reaccións químicas moi propias dos humanos.


e pegarei na parede as túas penas, paxariño, co blue-tack das pezuñas dos cabalos, para que cando saias desta casa, as esquezas, e voes mais lixeiro ca nunca.





--

Posted by Picasa

quinta-feira, 19 de junho de 2008

ten vostede unha carta na súa caixa de correios


--




Estimado señor:
Diríxome a vostede como unha humilde víctima da crueldade mental. Sei que vostede é bo e xeneroso, e especialista en asuntos de esta índole, polo que encarecidamente lle suplico que atenda o meu caso, xa que a miña vida corre serio perigo.
Señor, hoxe á noite o meu cerebro, que eu gardaba con recelo, caeu do frasco de augardente no que se mantiña fresco pousado riba dos ombreiros. O frasco rompeu, pois sen facerlle caso a aseguradora, non o puxen de PIREX, e inevitablemente estalou en mil anaquiños. O que propiamente vostede chama masa encefálica, sufriu golpes que eu considero de certa gravidade, polo aspecto externo que se percibe, coma machucado...(tendo en conta o meu descoñecemento neste campo).
Señor, rógolle que me axude, é a primeira vez que me acontece algo así, e non sei vivir sen cerebro, porque me está pasando que incluso non son quen de falar, e fáltame como ansia por todo, non entendo nada do que pasa ao meu redor, todo me semella esaxeradamente complexo, pero tampouco noto que teña curiosidade por resolvelo. Noto como que vou flotando e o esforzo de xirar a cabeza só o merecen as cores rechamantes e os obxectos brillantes.
Estou desesperada, digo cousas sen sentido, e eu non era así, e sinto que se non amaño pronto os desperfectos, os danos serán irreparables.
fodido cabrón, pelexo, animal de landra

moitas grazas pola súa paciencia.




--

espero novas súas, estareinas agardando con ansiedade e impaciencia.

Atentamente


Sindy B.
--
Posted by Picasa

terça-feira, 17 de junho de 2008

yo soy esa, e aquella, e aquella outra tamén


Eu son ela, que ven camiñando cara min, dicíndome "nena, tente conta de c'ajora fai sol, peru ijual cajora quenta, nun anaco chove c'arrolla" e eu terei que dicirlle "tamén é verdá"a cousa éche así, un pouco fai sol, outro pouco chove, un pouco chaqueta outro pouco teta, éche así...

Este finde, Miss Carmedalongha repetiume así coma unhas sincosentassenmil veses que me tiña que jardar ben na cabesa "non sirvas a quen sirveu, nin pidas a quen pideu", que disque a vida che da moitas voltas de nuestro señor, que á xente justalle rirse dos que non teñen, dos probes, dos que tan sin pan, a xente é mala... e que a vida da moitas voltas e todo o pon no seu sitiu, e que quen se ri ajora con malisia, a vida halle dar ben polo cú, senon que miren pa Elena da Estraperla, que ía a escola toda piollosa, coa roupa porca, que lle levantabas o pelo e por detrás das orellas tiña niños de lendias. E todas as nenas pejaban nela, e ela choraba e as veces ata se venjaba. Porque elas, Carme mais Elena, eran "bajitas", non "bajitas" de tamaño, "bajitas" de que non tiñan, que eran menos.

E aos 14 anos marchou pa Buenos Aires, e fai unha semana volveu o sitio onde nasera, e disque se lle viñan as lájrimas ós ollos, que disque s'acorda moito de cando lle pejaban, e ajora ela viste ben, ten con que, ajora ela dalles polo cú a todas as outras. Por eso che dijo "non pidas a quen pideu, nin sirvas a quen sirveu"


EIMEN CARME, EIMEN
Posted by Picasa

segunda-feira, 16 de junho de 2008

u-n-x-a-n-t-a-r-e-a-l

--



fixen vinte tortillas para tres reis dunha casa sen tellado
os reis sentaron nos seus tres tronos e ali ficaron sen fame
a preguiza non lles deixaba erguer o garfo
o garfo levitou no aire co anaco de pataca e ovo encebolado
unha man invisible abriulle a boca ao rei
o garfo introduciu o anaco de tortilla entre os dentes do rei
outra man invisible pechou a boca do rei
outra man invisible baixoulle a lingua ao rei e comezou a moverlle a queixada
un pé invisible comezou a pisar nun coiro que botaba cuspe
unha voz comezou a facer un ruido "ñam ñam ñam"
outra man invisible empurrou o bolo polo esófago abaixo
outra man invisible empurrou o bolo ata o estómago do rei
outro pé invisible comezou a pisar nun coiro que zurrichaba xugo gástrico
.... e así ...
ata que alí mesmo
outra man invisible empurrou o pouco que quedou do bolo
outra man invisible empurrou ben forte
outra man invisible empurrou ainda máis forte
o rei cagou
e a corte ensordeceu co estrondo dun extrahordinario aplauso






--

domingo, 15 de junho de 2008

"oh!!un pajarito!!"


Entra un pajarito por la ventana y todo el mundo exclama "oh! ha entrado un pajarito por la ventana!"

no hay nada más extraño que irse a comprar el pan desnuda, y mira tú que raro puede ser un cuerpo desnudo, cuando en realidad todo el mundo tiene uno.

el mismo devenir de los acontecimientos te va convenciendo poquito a poco de que deberíamos ser más justas con nosotras mismas, porque la justicia no es exactamente equidad, justicia es a cada cual lo suyo, pero quien mide las proporciones? aaaahh, he ahí la cuestión!

asi que, yo sigo exclamando "oh! ha entrado un pajarito por la ventana!"






--

quinta-feira, 12 de junho de 2008

UN CORTO, SE FAI O FAVOR.


El engaño

La conoció en un bar y en el hotel le arrancó la blusa provocativa, la falda entallada, los zapatos de tacón alto, las medias de seda, los ligueros, las pulseras y los collares, el corsé, el maquillaje, y al quitarle los lentes negros se quedó completamente solo. (Marcial Fernández)



El globo

Mientras subía y subía, el globo lloraba al ver que se le escapaba el niño.
(Miguel Saiz Álvarez)



Lingüistas

Tras la cerrada ovación que puso término a la sesión plenaria del Congreso Internacional de Lingüística y Afines, la hermosa taquígrafa recogió sus lápices y papeles y se dirigió hacia la salida abriéndose paso entre un centenar de lingüistas, filólogos, semiólogos, críticos estructuralistas y desconstruccionistas, todos los cuales siguieron su garboso desplazamiento con una admiración rayana en la glosemática.

De pronto las diversas acuñaciones cerebrales adquirieron vigencia fónica:

­¡Qué sintagma!

­¡Qué polisemia!

­¡Qué significante!

­¡Qué diacronía!

­¡Qué exemplar ceterorum!

­¡Qué Zungenspitze!

­¡Qué morfema!

La hermosa taquígrafa desfiló impertérrita y adusta entre aquella selva de fonemas.

Sólo se la vio sonreír, halagada y tal vez vulnerable, cuando el joven ordenanza, antes de abrirle la puerta, murmuró casi en su oído: ''Cosita linda". (Mario Benedetti)



El emigrante

-¿Olvida usted algo? -¡Ojalá!

Luis Felipe G. Lomelí)





Toque de queda

-Quédate -le dije. Y la toqué.(Omar Lara)




Felinos

Si no domesticamos a todos los felinos fue exclusivamente por razones de tamaño, utilidad y costo de mantenimiento. Nos hemos conformado con el gato, que come poco. (Juan José Arreola)










little tales for a little swallow

o cerebro era unha noz...




CHÁMANLLE DIÓXENES

o cerebro era unha noz e as moscas comíanlle os mocos. A señora L. tivera frio aquela noite.






CHÁMANLLE PERICO PALOTES

o cerebro era unha noz e as moscas bebíanlle o sangue que lle saia polo narís. A señora L. estivera de festa aquela noite.






CHÁMANLLE ALCANFOR

o cerebro era unha noz e as moscas picábanlle nas enrugas do narís. A señora L. non lembraba ter estado noutro sitio.






CHAMÁNLLE SOTA DE BASTOS

o cerebro era unha noz e o negrón chegáballe do ollo ao narís. A señora L. tivera lea esa noite.









By IO SANDE

quarta-feira, 11 de junho de 2008

sae o sol e derretense os miolos e por moito que se come, nada parece encher o espacio que se reserva para o algo


asi estamos, cos miolos na grella... alucinadas, non damos creto aos cambios de estación que veñen de improviso, pero coma sempre, afacémonos sen rosmar (falso, aqui rósmase por todo!)

pero o que dicía no título... a raia equivale ao baleiro, é extraño... eu quería dúas raias... non sei porque... será o reloxo biolóxico, será quizais o gusto polo descoñecído... vaite ti saber que será, será o verán!!

mira, nunca pensei en que carolina fose nome sonoro, ela era unha rapaza desas pijas, era simpática porque tiña moitos xoguetes, e porque non tiña contra quen chocar no triciclo, nin tiña quen a empurrase na arrandeeira, asique acudía a min... e eu deixabame facer encantada. Pouco lembro eu daquel tempo, de ter ido a durmir incluso, á casa do chapista, tiña unha filla que me quería moito, cando foi estudar a santiago, facer carreira, trouxérame un detallazo que me deixara flipada... un cepillo de dentes, dos da farmacia. Dera no allo, non había nada que me fixese máis falta. Levaba dous días na súa casa, súa nai botábame un garbanzo de pasta de dentes sobre a xema do índice da man dereita, e eu refregaba os dentes co dedo, a min quedábame a boca fresca, e nunca tal fixera asique estaba encantada coa novidade, pero agradecín moito o detalle da Margarita. Ademais, ter o cepillo de dentes nunha casa, xa daquela, implicaba un grao de confianza importante.

Este ano na miña casa fóronse acumulándo cepillos de dentes... agora coa mudanza non sei que farei con eles... é unha carallada... porque é algo que non se pode aproveitar... poder pódese, para limpar as raias entre os azulexos, ou as xuntas das ventás... pero non creo que o faga... e non me apetece facelo con eses cepillos case novos, con cuspes que tampouco me interesa conservar, non creo que vaia ser unha inversión de futuro gardalos... quizais si... non sei...ai, todo me da preguiza!!

E hoxe a ver se estudo de madrugada, está a noite moi apetecible, dan ganas de bebela, coma se fose unha cervexa, de bailala, un swim.... mmmm saimos hoxe???

jajajaj, veña, que teño que estudar.
Posted by Picasa

domingo, 8 de junho de 2008

warning!!obras no tellado!! retellando a peceira... si si con onduline baixo tella


Tento fuxir xente, a tobeira faiseme cativa, xente, as paredes xuntanse ao meu paso, coma unha trampa da tumba de min mesma.
tento sobrevoar os tellados, que se contan por centos ata os montes que me levan ao mar.
Cantos metros cadrados terá o terceiro esquerda do número 82?? non son poucos, a galería é unha ventá aberta a unha paisaxe expléndida, un alento de verdura e pitas... pero todo isto é coma vivir nunha peceira que teña moitas chuminadas desas tipo plantiñas de plástico, pedriñas de cartón pedra, e sinfín de croiños de cores... burda imitación para facer mellor de levar o presidio... esa é a cidade e os seus espazos verdes...

Fai uns anos eu ía todas as tardes ao rio, co fouciño, facendo camiño entre as silvas e os fiunchos, co Bili, cativo lambeconas, pero cadelo intrépido e valente onde os haxa, el metíase por calquera lado, por moi espesa que fose a ramaxe, ainda que ca teima de seguirme ao final tivese que dar volta eu para rescatalo e quitarlle as espiñas todas, e o pobriño, sangrando polas perniñas e as orellas, e todas as follas e os toxos secos enredados nos peliños...

Era todo iso moito mellor que botarse as dúas horas no ximnasio, pasanse rápido, coa música, preocupada en suar todas as preocupacións que somos capaces de inventarnos ao longo do día...
sortear toxos polas congontras á beira do chavielos é cousa distinta...

bueno, esbozos neno, malditos esbozos. sigo sen ás, nun més sairanme branquias, escamas... todo será distinto

sábado, 7 de junho de 2008

Una, doli, teli catoli, bili, bilete, estaba a raiña na súa casiña, chegou o rei rompeu o barril, barril barrilón contaas ben que as vinte son


Quédanme cinco minutos de insomnio, non me podo permitir máis ca iso
cinco minutos de estúpida irreflexión, de vulgaridade constante
cinco minutos, oes? Cinco, que non son quince, nin media hora,. Son cinco. Punto.
van pasar depresa, cada letra é unha milésima un tac tac tac das xemas sobre os dentes do piano
queda esperar a que os ollos se pechen sós e viaxar de balde polas gadellas do inconsciente
e todo é tan fabuloso, misterioso e soñador
e van dous
o colchón ábrese perante min, coma min perante a xente
ábrome, son moi aberta, extrovertida, (será pervertida)
e van catro
e vulgaridade constante, e a novela das tres que se proxecta todo o día
e van cinco.



Alá se foron, foronse os cinco minutos, veñen outros pero xa non vou ter conta deles, que se apañen! E non estou xogando, isto que vivo chámase insomnio, non concilio o sono a pesares de que noto o corpo canso, os ollos doentes por pecharse, pero túmbome, pecho os ollos e algo me escoce que me obriga a abrilos, e centos de formigas a morderme dentro da cama e teño que erguerme dun chimpo.

Na miña contra vai a falta de costume, isto non soe pasarme, só pasa cando tomo café... hoxe tomei dous, moi negros, dous señores cafés sen azucre, amargos, dignos de compararse cun trago de caña.
Observese que eu son moi montuna, bebo café negro e fumei habanos larga tempada, e nacín dentro dunha piña cos meus irmáns piñóns. Eu polas mañáns arresendo ao rexío sobre as follas das lagarteiras, ás doce ulo as bosteiras secas sobre o asfalto fervente de finais de xullo, e contra a noite cheiro ao xudre que sae da boca da cuba. Eu son así, montuna.

Oe, debería ir durmir, debería ir durmir porque mañá teño que madrugar, mañá será sábado, un sábado soleado de biblioteca, un sábado que non deixa de ser un fermoso día de biblioteca. Bicos de nai is for to lovers

terça-feira, 3 de junho de 2008

ela so ela


xa está feito... tense que dicir "se existo... porque non me ves? muller lésbica visibel"
ti vesme?
...
son muller e atráenme as mulleres, semello unha muller normal, porque son unha muller "normal", todo o normal que ti entendes por normal... visto unha normalidade cotiá, visto á moda de occidente e falo algo que ti me entendes, a miña familia é tradicional e incluso estou bautizada, ainda que non comulgo, pero iso é algo frecuente na miña xeración...

a xente veme, non si? venme e árdelles a petrina, derríteselle o metal da cremalleira por riba dos collóns.

cuspiriálles, pero limítome a estar, a seguir ao meu, non son de natureza liante, son máis ben tranquila, e eles son galos dun galiñeiro mal estercado, galiñeiro en estado de abandono, con galiñas pasivas por aburrimento...

queda agardar, quizais ainda haxa quen saiba ir a por toxo novo, e mercar unha caixa de pitos, e amañar esta poleira.


mira, eu mentras, vou ler, que tou en exames.

domingo, 1 de junho de 2008

apunta-dispara

o dedo que apunta ao senso, o dedo que quere atravesarme a cabeza dun lado a outro, a presión da unlla na carne.

desfaite e enterra os anacos

agora todo se conta por monosílabos, ti es un ma món

agora todo e fabuloso, misterioso e soñador, e xa non quero ir contigo, baby

agora eu teño a miña propia casa con piscina

xa sei prepararme un baño e sei tocarme soa

quédome coa miña cara no espello
Posted by Picasa