volverei para sacarte a bailar
ireime como vin, entre o aire e a auga, morena e cunha lúa branca na cara
volverei para sacarte a bailar
os pasos que seguen o ritmo das ondas que baten nas pedras que mollan á area
volverei para sacarte a bailar
anicada perante a túa efixie inmensa que vexo nas pálpebras agora que me estou indo
hei volver para sacarte a bailar
voume bailando para non mollarme mentras me vou
domingo, 13 de julho de 2008
sábado, 12 de julho de 2008
teatro erótico
estúpido simio, dame só cinco segundos que che conto os males da terra, que che cuspo a bile de cada un dos homínidos que moran neste planeta.
Déixame recordarche que as guerras son malas, que a fame destrue a mente, que ainda son moi nova para ter sexo, que este bebé é mellor que morra. Horrible humano, non esquezas que non como carne, que eu tamén teño man e teño dedos cos que agarrar a culata dunha arma e disparar o típico gatillo.Imbecil ser, nunca a provaches porque eres covarde, pero sei que esta sodomía che vai excitar, o soldado vai ser tamén malo contigo, e ti vas quedar só, e ti vas ficar co teu sanwich mixto, e de ti depende que che dure semanas ou segundos. Cabrón, terás todalas enfermidades sen cura, e non existe o super home, e acabarás derrotado, e axeonllaraste para que cha metan ben fondo, e arredareite de min por sempre porque cheiras e contaxias o cheiro, e quero mentirlle ao meu bebé, para que fique ledo e non deixe de sorrir.
quinta-feira, 10 de julho de 2008
o mar
Viaxar en barco durante horas foi coma ir enriba dunha balea, estar a estribor, apoiada na baranda e tan a gusto mentras o vento che bate na cara, mirando a exquisita calma das augas, a intensidade da cor, e as mínimas perturbacións esbrancuxadas e escumosas.
Os elementos actuan como anestesia da mente, todo che leva a pensar só en querer ser peixe con ás, ou paxaro submarino, todo o que poden abarcar os teus ollos convértese nun desexo feroz, nunha ansia de abarcalo todo cos límites do teu corpo. Cortar todas as cores do ceo e do mar e facer unha colcha inmensa de retais de tonos azuis e brancos, e amantarte tirada no baleiro, deixando que todo o que che cobre, se filtre pola túa pel, tentando posuir a inmensidade.
A sensación do navío as veces é frustrante, é como andar pola corda frouxa, cos pés en equilibrio, condenados a unha liña. O mar faise tan apetecible que quixeras tirarte en riba e absorbelo polo narís. Mirás para abaixo e aparece o casco metálico, groso, impoñente e ameazador, xiras a cabeza e imaxinas a helice, e entón aterras e decataste das augas tintadas de sangue, de que non che queda mais remedio que ser simple observadora, que o teu tamaño e a túa condición só che permiten posuir ese anaco de espacio no aire, e que os teus ollos son o órgano misterioso que che amosa o imposible.

Assinar:
Postagens (Atom)