a min do vermello, sempre do vermello. Non gosto de outro, ou sí, experimento e logo dígo-te.
mentras tomo té todo vai máis lento
e atórdome coa insalubre calor da calefa, e vaise a cabeza como se por si soa pesase máis que toda min.
e mutilo partes de min para sentirme mellor, como rachas que lle boto ao lume, para entrar ainda en máis calor, ainda en máis modorra, pesa cada pestaña como se fose de formigón.
tomo-te como se foses auga morna que me baixa pola gorxa e noto coma un metal que se conxela polo esófago.
tomo-te tres veces ao día, despois de cada comida.
quarta-feira, 4 de março de 2009
Assinar:
Postagens (Atom)
