
Érgome e son eu soa,
as voces que berran contra a parede
rebotan e esnaquízanse contra os dentes
xa partidos de baterense contra a merda
de decisións de dez contra dez millóns de "que-será-de-mín"
Érgome e son eu soa,
é pola mañá e lávome a cara
e péiteome, e vístome e almorzo
e collo o camiño do ben facer
e tócome os petos e ainda me tomo un café
Érgome e son eu soa,
nas demais camas do cuarto quedan
cabezas durmidas de ollos abertos
que apretan os puños ata atravesárense
as palmas das mans
Érgome e son eu soa,
é se non me ergo mañán?
heime de erguer,
lonxe onde se deixen ver
todas as cabezas erguidas
A ilustración é sacada da peli De Profundis de Miguelanxo Prado
Nenhum comentário:
Postar um comentário