
Tiña un enriba do peito. Como mancaba! Chegou unha noite dende a montaña, non sei como faria, atravesou a zona este da cidade, cruzou as estradas valeiras, dun chimpo pasou ao outro lado dos regatos, entrou por non sei onde e chegou á miña habitación. Viume durmida e dixo "esta é miña", e colleu e sentóuseme enriba da zona do torax. E aí o tiven durante semanas... o que pasa é que eu non o via, eu podia sentilo, porque notaba que non daba hinchado ben o fol, quedábanme os alentos a media auga e comezábame a sentir sen osíxeno de abondo, sobre todo no cerebro. Pasaba eu o día adurmiñada e sen ganas de nada...
Algo debeu pasar, alguén debeu chamar por el, (deixaría C. unha cunca de graos de arroz na cociña?), ou algo fixen eu que non sei moi ben o que sería, que dei un suspiro que o deixou pendurado no aire e notei como movía as patiñas como se quixese voar. Caeu de cú no chan. E non volvín saber del.

